Evento: Mandala (Arc en ciel)
Mandala (Arc en ciel)
Pilar Albarracín (Sevilla, 1968) foi unha das creadoras claves na renovación das linguaxes artísticas en España durante os anos noventa. Nunha escena ata entón dominada pola pintura e a escultura, o seu traballo foi pioneiro no uso da fotografía, a performance ou a instalación como medios de expresión artística, e contribuíu a formular algunhas das cuestións fundamentais para entender a evolución das prácticas artísticas nas últimas décadas.
Mandala (Arc en ciel) (2012) forma parte dunha serie máis ampla integrada por outras cinco pezas que actualmente pertencen ás coleccións do CAAC de Sevilla e o MUSAC de León. A obra exposta no hall do CGAC está constituída por un conxunto de bragas usadas de diversas cores e tamaños dispostas en círculos concéntricos. Neste contexto, as pezas de roupa interior femininas adquiren un significado novo e profundamente simbólico, modelando un universo sagrado onde se combinan harmoniosamente o individual e o colectivo.
Máis eventos de tipo Exposición