Evento: Ñam
Comer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores productos: porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou do outro lado do mundo.¡A mín encántame o doce!¡Pois eu prefiro o salgado!
Facer unha receta e facela ben, non é tan doado como parece. Hai que ter bos ingredientes, misturalos na orde precisa e con cariño. Dúas persoas ás que lles encanta comer e unha receita. ¿Como saberán esas novas galletas?
"Ñam!" é un espectáculo moi visual, envolvente, que mistura disciplinas como o teatro e a danza, en clave de comedia. Unha proposta creada a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.
Máis eventos de tipo Espectáculo