Evento: O Enterro da Sardiña de Marín

O Enterro da Sardiña de Marín
mércores, 5 marzo, 2025 - 09:00 a 23:00
Marín

O Enterro da Sardiña de Marín

Festa de interese turístico

Existe documentación que demostra que O Enterro da Sardiña de Marín xa se celebraba no século XIX. (La Voz de Galicia do ano 1882). 

Aínda que foi prohibido desde o ano 1936 ata que se recuperou de novo no ano 1976, vénse celebrando ininterrompidamente ata os nosos días, o Mércores de Cinsa de cada ano e organizado polo Ateneo Santa Cecilia de Marín.

Esta festa contén aspectos orixinais que a fan diferente doutros “Enterros” en Galicia ou no resto de España. Un exemplo sería a Ladaíña que se le na praza do Reloxo por parte do axudante e o Bispo, que data de 1893, e a música que toca a banda de música ao longo do percorrido é do ano 1903. Remátase co Asolagamento da Sardiña tirándoa o Bispo ao mar no porto de Marín.

O carácter cultural e tamén tradicional do noso Entroido ponse en valor recuperando tradicións ancestrais como é o velorio, as figuras das choronas ... 

Nesta festa popular poden participar cantas persoas maiores e nenas/os queiran sen ningún tipo de restricións.

Procúrase que a posta en escena da celebración, a ambientación, a recreación e a infraestrutura onde se celebran os actos máis relevantes (Velorio, Sermón e lectura da Ladaíña, Asolagamento da Sardiña, etc.) e demais atrezzo así como os uniformes das persoas participantes, estandartes (obra do pintor marinense Manuel Torres) das diferentes confrarías da comitiva respecten ao máximo a tradición. 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Entroido de Laza
7 de febreiro a 9 de marzo
Varios espazos
Entroido dos Felos de Maceda
8 de febreiro a 7 de marzo
Praza das Toldas
Entroido de Xinzo de Limia
8 de febreiro a 9 de marzo
varios espazos
Entroido de Foz
15 de febreiro a 7 de marzo