Evento: Con A de astrónomas
Con A de astrónomas
Con A de astrónomas
Conmemoración do día da muller 8 de marzo
Co motivo da celebración do Dia Internacional da Muller o próximo 8 de marzo, o Museo Massó oferta como novidade na súa programación para centros de ensino o obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.
Este Obradoiro didáctico está dirixido a escolares entre 4 e 12 anos.
Podes facer xa a reserva:
Teléfono: 886 151 103
Correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.