Evento: A nosa canteira: A dirección novel. Os argonautas e Weiss & Morales

A nosa canteira: A dirección novel. Os argonautas e Weiss & Morales
mércores, 12 marzo, 2025 - 16:00
Aula de cine da Facultade de Comunicación,
Pontevedra

A nosa canteira: A dirección novel. Os argonautas e Weiss & Morales

Sesión impartida por Lucía Estévez, no marco de AuGAL. Master Class do Audiovisual Galego 2024-2025

AuGAL Master Class do Audiovisual Galego

Un curso máis, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo colaboran na organización de AuGAL Master Class do Audiovisual Galego para profundar nos procesos creativos e técnicos do cinema e a televisión, co foco posto na máis recente produción galega.

Dirixida tanto a estudantes como a profesionais do sector, esta iniciativa formativa ofrece entre os meses de novembro de 2024 e marzo de 2025 a súa 14ª edición ao redor de nove sesións con proxeccións, coloquios e o cuarto concurso A Canteira-AuGAL.

Nesta oitava sesión, a novísima directora Lucía Estévez, falará da dirección novel a partir dá súa experiencia como codirectora das series Os argonautas e Weiss & Morales.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiro de máscaras de refugallo
26 de febreiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Marabillas xiratorias
28 de febreiro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiro de Entroido
3 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés