Evento: Museos de cine

  • Ciclo de cine no Museo de Belas Artes da Coruña
Museos de cine
mércores, 17 abril, 2024 a mércores, 5 xuño, 2024
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Museos de cine

I ciclo de Museos de cine para redescubrir as salas dos museos

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura estes ciclos de cine, esperando porder continualos no futuro. Baixo o lema “Museos de Cine”, e co obxectivo de redescubrir as salas dos museos, farase un percorrido polo Museo del Prado, a National Gallery e o Museo do Hermitage transportados por unha cámara para coñecer esas pinceladas escondidas, a tremoia que hai detrás destas grandes institucións culturais e a historia do noso continente.

Esta é a programación pormenorizada:

17 de abril
Presentación do ciclo: David Castro de Paz. Profesor de Historia do Cinema en Posgrado en Estudos Teatrais e Cinematográficos (UDC).
La pasión del Prado (España, 2014), de Juan Carlos Morales Asenjo e José Morillas Cantero. (Duración: 52 min)

8 de maio
National Gallery (Reino Unido, 2014), de Frederick Wiseman. (Duración: 173 min)

5 de xuño
El arca rusa (Rusia, 2006), de Aleksandr Sokurov. (Duración: 96 min)

O ciclo está organizado pola Asociación de Amigos en colaboración co Museo de Belas Artes da Coruña

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

La Parra
5 de febreiro
Aula de cine da Facultade de Comunicación
Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra