Evento: POI ao vivo concerto

POI ao vivo concerto
sábado, 17 agosto, 2024 - 22:30
CCRD Perlío,
Fene

POI ao vivo concerto

Espectáculo de Música a cargo de POI

POI ofrece un espectáculo de rock onde ten una especial importancia a parte electrónica, que está á base do estilo que, con algo de atrevemento, os compoñentes aman definir como estilo “Poi Floyd”.

O espectáculo non é soamente un concerto de rock ao uso, se non que, antes de cada tema, o cantante explica as razóns, que levaron a compoñelo, as historias que están detrás dun titulo, un retrouso o una palabra concreta de cada canción. En medio destas explicacións tamén hai espazo para momentos de risa, un equilibrio perfecto que a gran experiencia do noso cantante (para nos un dos mellores frontman do panorama galego) consegue crear para que a experiencia do público sexa única.

A característica principal do estilo Poi Floyd é que podemos pasar dun momento de reflexión a un momento de baile, a corear un retrouso que antes non coñeciamos ao longo duna mesma canción.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Isolada
27 de setembro, 20:00
Casa da Cultura " Ramón Martinez López" - Boiro - A Coruña
Rock and magic
12 de outubro, 18:00
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros - Muros - A Coruña
Rock and magic
2 de novembro, 19:00
Auditorio da Casa de Cultura - Cee - A Coruña
Rock and magic
16 de novembro, 19:00
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra