Evento: Bernarda

Bernarda
domingo, 16 marzo, 2025 - 18:30
Auditorio Reveriano Soutullo,
Ponteareas
Espectáculo de Teatro a cargo de Malasombra Producións

Bernarda é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.

Este choque xeracional, que como na vida mesma tamén ocorre en “BERNARDA”, por veces fainos chorar, porque ás veces as situacións vólvense tensas e duras, e por veces fainos rir, porque igual que na vida, ata nas situacións máis extremas xorde a risa como unha necesidade de desafogo e de liberación. Isto é o que en “BERNARDA” demos en chamarlle, humor de tanatorio ou risa de funeral, que tamén é unha constante durante todo o espectáculo.....

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A nena e o grilo camiño das cores
16 de marzo, 18:00
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Rosalía, a pulga que escribía
16 de marzo, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Frío
16 de marzo, 19:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Dance Join
20 de marzo, 20:30
Casa da Cultura do Milladoiro - Ames - A Coruña