Evento: Nómade Trío

Nómade Trío
domingo, 11 agosto, 2024 - 22:30
Praza de España,
Monforte de Lemos

Nómade Trío

Espectáculo de Música a cargo de Rosa Cedrón

Rosa Cedrón presenta Nómade, un libro de rexistros que describe as luces e as sombras atopadas nunha viaxe ao máis profundo da propia identidade. Gravado na Casa de Tolos coa produción de Segundo Grandío e o inconfundible selo de Sergio Moure de Oteyza, Nómade é o terceiro traballo en solitario da artista que, acompañada dos seus xa incondicionais Javier Cedrón e Miguel Arthus, dános o resultado dunha viaxe sonora que parte da escuridade das tormentas ata a serenidade do amencer que se fortalece, aliviando feridas do pasado e curando o presente. En Nómade atoparemos un mar de emocións no que poderemos navegar como protagonistas únicos de cada historia contada en cada porto feita en canción.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Os Monifates de festa en festa
10 de agosto, 12:00
Praza Cabo da Vila - Muxía - A Coruña
Lilicleta Discomóbil
10 de agosto, 12:00
Rúas da vila - Monterroso - Lugo
Chulísima
10 de agosto, 12:00
Paseo MarÍtimo - Muxía - A Coruña
De festa en festa
10 de agosto, 12:00
Praza Cabo da Vila - Muxía - A Coruña