Evento: O tranvía Leonardo

O tranvía Leonardo
domingo, 28 xullo, 2024 - 20:00
Postemirón,
Vilaboa

O tranvía Leonardo

Espectáculo de Teatro a cargo de Fantoches Baj

Pepe Tafall, xefe do tranvía de Marín a Pontevedra e ademáis cómico amador e dramaturgo, conta a historia do tranvía Leonardo desde o seu nacemento en Bruxelas ata a súa vellez, coa intención de que o propietario, o Marques de Riestra, o xubile e lle dea o seu merecido retiro. Ademáis das historias do tranvía Leonardo, Tafall, conta algunhas das anécdotas máis simpáticas dos seus tripulantes: Moncho o maquinista e Ramón o do fogón; e dalgúns dos seus pasaxeiros mais famosos: Xosé Echegaray, o médico Guillermo, a cega Morcega, a mestra Trini Trapa e o “loro Ravachol”.

Neste espectáculo para os máis pequenos a participación do público é contínua.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Rock and magic
8 de decembro, 18:00
Auditorio Manuel María - O Carballiño - Ourense