Evento: Mans
Mans
sábado, 19 abril, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Mans
Espectáculo a cargo de Pablísimo
Celebramos o Día do Libro co espectáculo “Mans” a cargo de Pablísimo. “Mans” é un espectáculo de teatro e narración oral onde as historias se contan con palabras e as personaxes aparecen nas mans.
Contos populares, contos de creación propia, fábulas e xogos coas mans son dramatizados con sombras chinesas, monicreques, luvas e moita imaxinación. Un orixinal espectáculo onde as mans non pararán de falar.
No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.