Evento: Ceibe

Ceibe
venres, 30 agosto, 2024 - 22:00
Auditorio Municipal,
Ribeira
Espectáculo de danza a cargo de Fran Sieira- Compañí­a de danza

CEIBE é a nova obra de baile e música tradicional de Fran Sieira Compañía de Danza que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición. Ten unha duración de 60 minutos e conta cun elenco de 8 bailadoras e bailadores. Na dirección artística, Fran Sieira e Sergio R. Suárez.

CEIBE traballa sobre o xénero e as súas formas de operar en diferentes ámbitos da cotidianidade, incluído o baile tradicional. Pregúntase desde a acción que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. A peza reflexiona desde o movemento e o corpo arredor das categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente para cuestionar as identidades de xénero normativas e hexemónicas.

Na codirección artística de CEIBE o bailador Fran Sieira e o experto en cuestións LGTBIQ+ e danza, o bailarín Sergio R. Suárez. Acompañándoos como asesoras de dirección artística contarase co colectivo VACAburra formado por Andrea Quintana e Gena Baamonde.

O deseño do espazo escénico é Laura R. Iturralde e a iluminación de Fidel Vázquez. A composición musical da man de MounQup (Camille Hedouin) e Carlos Quintá e espazo sonoro a cargo de Isaac Millán.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Isolada
27 de setembro, 20:00
Casa da Cultura " Ramón Martinez López" - Boiro - A Coruña
Rock and magic
12 de outubro, 18:00
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros - Muros - A Coruña
Rock and magic
2 de novembro, 19:00
Auditorio da Casa de Cultura - Cee - A Coruña
Rock and magic
16 de novembro, 19:00
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra