Evento: Real Filharmonía de Galicia-Desafiantes
Real Filharmonía de Galicia-Desafiantes
Unha temporada que ten como lema Inconformistas tiña que dedicar un lugar salientable a Beethoven, quen asumiu enormes riscos construtivos e estéticos, renovando tanto a linguaxe musical como o sentido ético da existencia. Do seu ballet As criaturas de Prometeo só se conserva a música, na que a abertura é unha parte esencial. Inconformista foi tamén Marianne von Martinez, quen, a pesar do seu recoñecemento como compositora, nunca puido ocupar un posto profesional como o de Konzertmeister, cargo que si ostentou o seu compatriota Mozart. De ambos soarán os seus Concertos para piano en La maior, tan extraordinarios como diferentes. Vienés como von Martinez, Schubert compuxo a Sinfonía núm. 2 en 1815, unha obra na que utiliza material do Prometeo de Beethoven e na que amosa todo o seu xenio creativo, a pesar do cal ningunhas das súas nove sinfonías foron estreadas en vida do compositor.Nil Venditti, directoraNoelia Rodiles, piano
Ludwig van Beethoven: As criaturas de Prometeo, op. 43 (Abertura)Wolfgang Amadeus Mozart: Concerto para piano en La maior núm. 12, KV 414Marianne von Martinez: Concerto para piano en La maiorFranz Schubert: Sinfonía núm. 2 en Si bemol maior D. 125
Ademais:CONVERSANDO CON… Nil VendittiSala Mozart, 19:45h
Máis eventos de tipo Concerto