Evento: Danza 3 | Xacarandaina
Danza 3 | Xacarandaina
A agrupación de danza e música tradicional Xacarandaina sae ao encontro do público no Campo de San Francisco de Ribadeo, para ofrecer un repertorio de música tradicional recollida en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de tocadoras e tocadores.
A actuación enmárcase dentro da 12ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.
Esta nova edición percorrerá 18 concellos galegos ata o mes de setembro con outras tantas actuacións que, na maior parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotián deste colectivo a favor da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.
Máis eventos de tipo Espectáculo