Evento: Broches e chaveiros para grandes lectoras e lectores

Broches e chaveiros para grandes lectoras e lectores
mércores, 16 outubro, 2024 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Broches e chaveiros para grandes lectoras e lectores

Obradoiro a cargo de O faiado de Nin

Obradoiro no que as pequenas e pequenos participantes elaborarán uns orixinais broches e chaveiros mini- libro mediante o uso de materiais como feltro, goma-eva, abelorios, lazos e apliques. Actividade moi dinámica na que cada participante poderá elaborar varios modelos para si mesma ou para agasallar a quen queira.

Na sala infantil. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Os enigmas da arte
19 de outubro a 30 de novembro
Museo de Belas Artes
Obradoiros de banda deseñada
9 de novembro
Obradoiro de banda deseñada de Alberto Guitián. Casa da Xuventude.
CSI: O roubo da tarta
9 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Toupiciencia Show. Mes da ciencia en galego nas bibliotecas.
9 de novembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel