Evento: Iribarne

Iribarne
domingo, 10 novembro, 2024 - 19:00
Auditorio Lois Tobio,
Gondomar
Espectáculo teatral a cargo da compañía ButacaZero

IRIBARNE é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si: o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cine porno en España?, si-si: ese). Emigrado a Cuba con tan só un aniño -coincidindo con inauguración da ditadura de Primo de Rivera- tras facer as Américas durante un par de anos o noso protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa!). Empeza o bacharel coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a Guerra Civil pero decide liscar a Madrid -seguindo o rastro doutro galego ilustre- nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: O Caudillísimo). Con tanto afán tentou ser como o que máis pronto que tarde chegou a ser Ministro no seu mandato, a pesar de ter disparado dous días antes contra o cu da súa filla (pero que dis!? Si-si: dato real!). Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Ondamina
11 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Nada se sabe
16 de xaneiro
Salón Teatro
Nada se sabe
17 de xaneiro
Salón Teatro
Nada se sabe
18 de xaneiro
Salón Teatro