Evento: A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
sábado, 26 outubro, 2024 - 12:30
Teatro Principal,
A Estrada

A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Espectáculo de teatro a cargo da Xanela do Maxín

A Toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…

Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña que quería saber, ferida no seu orgullo.

O ecoloxismo, reutilización e reciclaxe tamén son temas sobre os que xira a totalidade dun espectáculo no que o público terá unha visión diferente dun tema tan natural como a vida mesma, ademais de facer unha reflexión sobre o final do conto: A vinganza é a opción correcta? 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A trompa non só é cousa de elefantes
20 de outubro, 17:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
A trompa non só é cousa de elefantes
20 de outubro, 18:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Os contos do Lobicán
20 de outubro, 18:00
Auditorio Municipal do Concello - Vigo - Pontevedra
A Panadeira
20 de outubro, 19:00
Auditorio Municipal Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra