Evento: As R(h)umorosas

As R(h)umorosas
sábado, 9 novembro, 2024 - 20:00
Teatro Principal,
Ourense
Espectáculo teatral a cargo de Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro

As R(h)umorosas trátase dunha proposta teatral cómica onde 3 actrices poñen en valor, as grandes mulleres da historia galega, nun contexto fresco, orixinal, divertido e moi innovador.

Qué dirían María Pita, Rosalía de Castro ou Isabel Zendal se fosen cómicas hoxe en día? Isto é o que Ledicia Sola, Marta Doviro e Carmen Méndez se preguntaron como premisa para empezar a construír este espectáculo.

Sabemos algunhas cousas que se din delas nos libros, pero que contarían elas de sí mesmas se poideran falar? Marta, Carmen e Ledicia danlles voz a estas e outras mulleres ilustres de Galicia a través de situacións imaxinarias como unha entrevista no SEPE, un programa de cotilleo ou un cásting. Todas estas situacións en clave de humor plantéxanse coa idea de xogar, imaxinar e sobre todo deixarlles falar ó máis puro estilo micro aberto para coñecelas un pouco mellor.

Nun formato que mestura os monólogos con sketches cómicos e incluso música, achegámonos ós detalles máis descoñecidos de grandes nomes como Emilia Pardo Bazán, María Casares ou incluso lendas como a de Pepa A Loba. Todas elas terán que postularse e facer valer os seus méritos para ser coñecidas e recoñecidas para toda a sociedade.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

O paxariño da miña xanela
26 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cantares de Reis
26 de decembro
Teatro Principal.
Desconcerto de Nadal
26 de decembro
Casa da Cultura
Hoxe toca...maxia!
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal