Evento: Pasos desde o Atlántico
Pasos desde o Atlántico
O programa abarca diversos compositores que desenvolven a súa carreira a ambos os lados do Atlántico. A panorámica de obras axuda a comprender as diversas tendencias que conforman a creación musical no cambio de século.
O estadounidense Cerrone foi discípulo de Bresnick en Yale, ao igual que o galego Fernando Buide. Eduardo Soutullo, recentemente galardoado co premio Nacional de Música, pertence á xeración de compositores galegos inmediatamente anterior a Buide.
Mercedes Zavala é unha das creadoras máis activas en España nas últimas décadas e a galega Carmen Rodríguez, cunha extensa experiencia compositiva e gran dominio da orquestración, crea música na que conviven a composición contemporánea e a música de cinema.
Máis eventos de tipo Concerto