Evento: Palabra e Memoria

Palabra e Memoria
mércores, 6 novembro, 2024 a domingo, 29 decembro, 2024
San Domingos de Bonaval s/n,
Santiago de Compostela

Palabra e Memoria

Exposición creada a iniciativa do *IES Perdouro de Burela* centrada na normalización da epigrafía funeraria en galego.

A mostra incorpora o traballo fotográfico da xornalista gráfica Pepa Losada, co apoio de María Mon e Aida López, para reflectir a presenza do galego nas lápidas, un ámbito onde a lingua permanecera ausente durante séculos. Esta documentación busca promover o uso do galego para expresar de maneira propia e sentida as emocións de lembranza cara aos seres queridos falecidos.
O proxecto conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, a Deputación de Lugo e o Concello de Santiago de Compostela.
 

Máis eventos de tipo Exposición

O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga
Salto cuántico
1 de abril a 2 de febreiro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Biblioteca en acción: Compostela, fin do Camiño
20 de abril a 31 de decembro
Praza de Praterías