Evento: Imprenta tipográfica creativa
Imprenta tipográfica creativa
Celebramos o Día da Edición, que conmemora o aniversario do nacemento de Ánxel Casal, co obradoiro “Imprenta tipográfica creativa” da man de Alouette Machine. Como se imprimían os libros antigamente? Alouette Machine é unha imprenta itinerante que traballa coa Tipografía, recuperando esta técnica artesanal. Neste obradoiro faremos un equipo de impresores/as coas persoas participantes e crearemos un mini libro sobre o editor Ánxel Casal. Empregaremos o material de época: tipografías de madeira, as prensas de impresión, rolos, tintas e papeis.
No salón de actos. Para 15 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.
Podes consultar as normas de reparto das entradas para as actividades cun número de asistentes limitado nesta ligazón.
Máis eventos de tipo Obradoiro