Evento: Como se levanta unha peli

Como se levanta unha peli
mércores, 12 febreiro, 2025 - 16:00
Aula de cine da Facultade de Comunicación,
Pontevedra

Como se levanta unha peli

Masterclass da produtora Silvia Fuentes (Sétima), no marco de AuGAL. Master Class do Audiovisual Galego 2024-2025

AuGAL Master Class do Audiovisual Galego

Un curso máis, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo colaboran na organización de AuGAL Master Class do Audiovisual Galego para afondar nos procesos creativos e técnicos do cinema e a televisión, co foco posto na máis recente produción galega.

Dirixida tanto a estudantes como a profesionais do sector, esta iniciativa formativa ofrece entre os meses de novembro de 2024 e marzo de 2025 a súa 14ª edición arredor de nove sesións con proxeccións, coloquios e o cuarto concurso A Canteira-AuGAL.

Nesta quinta sesión a produtora Silvia Fuentes (Sétima) impartirá a masterclass Como se levanta unha peli.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiro de Banda Deseñada
14 de marzo
Biblioteca Pública de Lugo
ExpressArte
15 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Erea e as agullas máxicas
17 de marzo
CPI de Cervantes