Evento: Aquí Tou

Aquí Tou
domingo, 16 febreiro, 2025 - 19:00
Multiusos da Xunqueira,
Redondela
Monólogo de Xose A. Touriñan

É importante saber de onde vimos para coñecernos a nós mesmos. Como cheguei a ser o que son agora mesmo? Como cheguei a estar onde estou? Probablemente todos nos fixemos estas preguntas algunha vez na vida. As respostas non son sinxelas, pero se tiramos do fío, non tardamos en decatarnos de que somos froito dun montón de variables xenéticas e ambientais que nos fan tomar decisións, pero que tamén estamos condicionados pola casualidade, o azar ou como queiramos chamalo, que inflúe na nosa existencia tanto ou máis que a nosa propia vontade. 

En Aquí Tou, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. 

Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán nos leva da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, e da serie de boas e malas decisións que xunto cos feitos casuais, levárono a ser que hoxe é. 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A cincenta que non quería comer perdices
26 de abril, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
Kyoki
26 de abril, 18:00
Auditorio Afonso Eanes do Cotón - Negreira - A Coruña
Sobre rodas!
26 de abril, 19:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Testosterona
26 de abril, 20:00
Aula Municipal de Cultura - Betanzos - A Coruña