Evento: Crisálida

Crisálida
domingo, 9 marzo, 2025 - 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire,
Lugo
Espectáculo de teatro a cargo de Caramuxo Teatro

Crisálida é o espectáculo número 25 de Caramuxo teatro, co que cumprimos 20 anos de traxectoria. Unha historia que leva varios anos na nosa cabeza e coa que queremos facer a nosa pequena homenaxe a esas persoas que fan que as cidades teñan vida e sexan ricas en historias.

Crisálida é un espectáculo que quere poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado. A importancia da existencia deses espazos que crean comunidade. Historias como as da mercería Crisálida móstrannos que este tipo de negocios, máis baseados nas relacións humanas que no beneficio económico, deben ser protexidos. Son parte do noso patrimonio e por iso, no 20 aniversario queremos celebralo con eles.

Crisálida é o espectáculo máis ambicioso da compañía. Unha montaxe de máscaras, sen texto, con catro actores (Laura Sarasola, Josito Porto, Juan Rodríguez e Anahí Taraburelli) e máis de 12 personaxes. Dirixido pola prestixiosa directora Olga Margallo (Gañadora de multitude de premios Fetén, premios Max, Premio Nacional con Uroc teatro...).

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O dragón de ouro
13 de febreiro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Neura
13 de febreiro, 20:30
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Monstros
14 de febreiro, 18:30
Casa da cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Nanai da china
14 de febreiro, 19:00
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña