Evento: Chocolate
Chocolate
O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa volven nesta ocasión, para amosarnos o divertido que é cociñar entre amigos, superarse xuntos e atreverse a afrontar novos retos.
A pasteleira Tomasa contarnos como gañaron o Premio “Máster Comellón” grazas á súa orixinal receita “Brocheta de froitas da casa recuberta de chocolate fondue”.
Ninguén dixo que fora tarefa doada... pero se cadra si que inesquecíbel, xa que grazas á receita atopada nun libro antigo, viven á aventura máis aloucada para procurar o chocolate mellor: aprendendo da velliña azteca do reino de Monctezuma, subíndose ao barco máis destartalado de Porto Limón para chegar á Illa de Santo Tomé, onde ademais de cultivar o mellor chocolate vive un papagaio moi falangueiro que nos roubará o corazón... ou polo menos, un biquiño!
Trátase dunha actividade que mestura a narración oral coa posta en escena teatral.
Tomando como protagonistas as personaxes de Antón e Tomasa, un cociñeiro e unha pasteleira aos que lles encanta cociñar un montón de aventuras.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios


