Evento: Os maragatos da Porta de San Pedro
Os maragatos da Porta de San Pedro
Cedemos o espazo para acoller esta exposición organizada pola Fundación Pérez Carro e Egeria que estará no vestíbulo do 3 ao 15 de febreiro. Cara a 1880, a primeira xeración dos maragatos da Porta de San Pedro (Lugo), o matrimonio formado por Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro, procedente de Santa Colomba de Somoza, no corazón da Maragatería leonesa, asentouse fronte á histórica Porta Toledana da Muralla lucense (a actual Porta de San Pedro), convertíndose en lucenses.
Con este motivo, a terceira xeración desta familia pon en marcha este proxecto para investigar na historia desta familia, a súa procedencia leonesa e asentamento en Lugo e a súa especial traxectoria ao servizo do comercio lucense.
A inauguración da exposición celebrarase o luns 3 de febreiro ás 12:30h.
No vestíbulo. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.