Evento: Casting Lear

Casting Lear
venres, 11 abril, 2025 - 20:00
Teatro Principal,
Ourense
Espectáculo teatral a cargo do Ángel de Pekin

O meu pai é Lear, pero nunca entrou nun teatro. Eu son Cordelia. E son directora de teatro. Como ela, vou buscar a Lear, vou atreverme a miralo e vou tentar perdoar. E vouno a facer desde un escenario. Cada noite, un actor distinto, será Lear, será o meu pai, será un posible pai, un que se queira sentar nun teatro para conversar.
Vou ser Lear eu tamén, e como el coas súas fillas, vou facer un casting, un casting de pais.
Esta versión-simulacro de Rey Lear aspira a ser unha porta aberta para pensar como nos relacionamos cos nosos pais, os biolóxicos, pero tamén os metafóricos, incluído o mesmo William Shakespeare. É unha autoficción a partir dun clásico ou un clásico autoficcionado, e oxalá ningunha das dúas cousas. É unha peza sobre a orixe, sobre como o que veu antes perséguenos aínda que queiramos ignoralo. Sobre como nos constrúen quen nos precede. Sobre como inventar unha vida que che pertenza sen esquecer o pasado. Sobre como imaxinar outros finais posibles.
É tamén unha audición, ou un ensaio, iso que sucede antes de que todo suceda, o lugar xusto antes de que algo tome a súa forma exacta. O momento exacto no que aínda todo é posible.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A nena e o grilo camiño das cores
16 de marzo, 18:00
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Rosalía, a pulga que escribía
16 de marzo, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Bernarda
16 de marzo, 18:30
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra
Frío
16 de marzo, 19:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo