Evento: Sempre Rosalía
Sempre Rosalía
Rosalía de Castro, muller galega, poeta, é tamén a precursora da poesía social en Galicia, na defensa da terra maltratada.
Da man da súa obra, a lingua galega convértese en lingua literaria de prestixio e chama á súa utilización en todos os ámbitos da vida. É precisamente a data de publicación dos seus Cantares gallegos, a expresada pola propia autora na súa dedicatoria a Fernán Caballero, 17 de maio de 1863, a que marca o comezo das celebracións do Día das Letras Galegas en 1963, tras a proposta de Francisco Fernandez del Riego á Real Academia Galega.
Neste 2025, aos cento corenta anos da súa morte, a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela quere celebrar o seu nacemento, o día 23 de febreiro de 1837, adicando todo o mes á súa obra con esta mostra bibliográfica que atoparedes na Sala Infantil. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.