Evento: Mala vida e pior morte de Ricardo III

Mala vida e pior morte de Ricardo III
sábado, 12 abril, 2025 - 19:30
Teatro da Beneficiencia,
Ortigueira

Mala vida e pior morte de Ricardo III

Espectáculo unipersonal a cargo de Evaristo Calvo

A figura do derradeiro rey Plantagenet, Ricardo III de Inglaterra é pouco coñecida, do mesmo xeito que acontece con outros moitos monarcas medievais. O coñecemento da existencia deste rei da casa de York entre o público é principalmente debida á utilización que o dramaturgo e poeta William Shakespeare fixo do seu nome para a criación dunha das súas obras mais coñecidas; “The life and death of king Richard III” coñecida tamén como “A traxedia de RicardoIII”.

Espectáculo revisionista sobre o personaxe de Ricardo III recreado por William Shakespeare que tenta resitualo no contexto da ciencia histórica e resitualo na sua calidade humana a través do humor nun exercicio esquizoide no cal personaxe e intérprete revelan as súas contradiccións. 

Mala Vida e Pior Morte de Ricardo III é un espectáculo unipersoal protagonizado por Evaristo Calvo no que a través dun monólogo dirixido á audiencia o personaxe do difunto rei Ricardo III de Inglaterra, argumenta en contra do relato dos derradeiros anos da súa vida que Shakespeare deixou trazado no drama “A vida e a morte do rei Ricardo III”. Dirixido por Alessandra García (Premio Max e Ojo Crítico) e Antón Coucheiro e con dramaturxia de María Lado (coa axuda de Shakespeare). 

Espectáculo coproducido polo Centro Dramático Galego.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cortello de Amor
20 de abril, 19:00
Auditorio Municipal Manuel María - O Carballiño - Ourense
Black, concerto de soul
23 de abril, 22:00
Praza do Tapal - Noia - A Coruña
Profetas
24 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Anöa VERSIÓN FORMATO TRÍO | Elvi Balboa
24 de abril, 20:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña