Evento: No contéis con los dedos + Nocturno 29
No contéis con los dedos + Nocturno 29
A vida cotiá de dous amantes adúlteros.
Nocturno 29 comeza onde nos deixou Non compteu amb els dits: fronte á pantalla en branco e á materialidade da proxección. Entra en profundidade na futura estrutura eisensteiniana dos filmes de Portabella, que non avanzan mediante unha linealidade narrativa, senón por unha sucesión de cadros escénicos semiautónomos e encadeamentos case sempre inesperados. «Unha serie ou suite de situacións que, aínda que aparentemente inconexas, viran sempre ao redor dun desenvolvemento temático que dá corpo e unidade á historia sen recorrer para iso á utilización dunha anécdota como continuidade argumental» (Portabella 1968). As evocacións de Antonioni, Bergman ou Buñuel ecoan no filme máis cruamente antiburgués de Portabella.
Proxéctase xunto á curta Non compteu amb els dits.