Evento: Drácula, príncipe de las tinieblas
Drácula, príncipe de las tinieblas
Drácula, príncipe de las tinieblas
vampiro, terror, hammer
Dúas parellas inglesas acoden en viaxe de pracer a unha bucólica rexión nas montañas, un lugar que parece remoto e apenas poboado. Cando o cocheiro que os conduce por un bosque se nega a continuar a ruta, deciden pasar a noite nun castelo. Alí recíbeos un sospeitoso servente, que di cumprir os desexos do seu finado mestre de acoller os viaxeiros perdidos. O xeneroso anfitrión é o conde Drácula. O que non saben os hóspedes é que serán utilizados para axudar a resucitar o vampiro, eliminado a mans de Van Helsing dez anos antes.
Outras datas
Ligazóns