Evento: Visita a Santiago de Compostela e Padrón

Visita a Santiago de Compostela e Padrón
domingo, 2 marzo, 2025 - 08:00
Santiago de Compostela

Visita a Santiago de Compostela e Padrón

Con visita ao Museo do Pobo Galego e Fundación Rosalía de Castro.

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d'Aquí organizan un ano máis estas converxencias destinadas a estreitar os lazos culturais entre as comunidades galega e portuguesa a través da unión entre voces e músicas, danza, teatro, cinema e literatura, nun encontro que nesta undécima edición terá actividades en Braga, Padrón, Ponteareas, A Estrada e Santiago de Compostela.

Este XI Festival cultural Convergências conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Lingua, así como dos concellos da Estrada e Ponteareas, a Fundación Rosalía de Castro e este ano tamén de Braga 25 Capital da Cultura de Portugal.

Do 3 de febreiro ao 15 de marzo.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas
15 de outubro a 3 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
A música en Ourense
21 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense