Evento: Aurora Boreal

Aurora Boreal
venres, 28 marzo, 2025 - 21:00
Pazo da Cultura,
Carballo
Espectáculo de danza a cargo de Paula Quintas Cía.

En Aurora Boreal exponse a durabilidade das cousas. Reflexiónase sobre a durabilidade dunha obra escénica. Pode cambiar co tempo? Precisa mudar, ou quedar conxelada?

A fugacidade das cousas como unha esixencia social xa constituída aparentemente aprobada pola sociedade, cara a onde imos? Que queremos? Que creamos?
Aurora Boreal parte deste concepto do ser exposto ante unha sociedade de consumo fugaz, onde a atención humana cada vez é mais escasa. Como a danza que realiza a luz nas xeografías nórdicas, esas luminosidades fugaces aparentes, que só acontecen nunha época determinada do ano, cultívase a paciencia, e é tan rápida que nos deixa unha sensación de serenidade fugaz: o efémero e o cambiante, onde o obxecto é moi importante en relación co corpo a modo paralelismo ou interacción.
A maquinaria de desexo.
A intimidade do movemento.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A Teteira de Kabul
27 de abril, 18:00
Multiusos da Xunqueira - Redondela - Pontevedra
Oh-Pera!
27 de abril, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Hamelin
27 de abril, 19:00
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra
Transeúnte
30 de abril, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña