Evento: A Teteira de Kabul

A Teteira de Kabul
domingo, 27 abril, 2025 - 18:00
Multiusos da Xunqueira,
Redondela
Espectáculo a cargo de Xarope Tulú

A Teteira de Kabul é un espectáculo de monicreques dirixido ao público familiar baseado no conto homónimo de Carolina Pujados. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Ela e a súa familia emprenden unha longa viaxe na que a pesar das duras condicións irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira.

Esta nova proposta de Xarope Tulú, en coprodución coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz, fala das vivencias das persoas que se ven na obriga de abandonar o seu fogar a través da súa protagonista, un personaxe inspirado na vida da escritora afgá Nadia Ghulam. A poética dos monicreques permite viaxar a outros lugares e contar a historia desde unha perspectiva construtiva e alentadora.

A Teteira de Kabul foi finalista nos Premios María Casares 2024 na categoría de monicreques.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cortello de Amor
20 de abril, 19:00
Auditorio Municipal Manuel María - O Carballiño - Ourense
Black, concerto de soul
23 de abril, 22:00
Praza do Tapal - Noia - A Coruña
Profetas
24 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Anöa VERSIÓN FORMATO TRÍO | Elvi Balboa
24 de abril, 20:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña