Evento: Ao son dun cantar

  • XII convocatoria Concurso de Fotografía Museo Liste de Vigo
Ao son dun cantar
sábado, 1 febreiro, 2025 a luns, 21 abril, 2025
Museo Liste Vigo,
Vigo

Ao son dun cantar

Concurso de Fotografía

XII convocatoria do Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos (18 de maio). O concurso pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos, artísticos, etnográficos e antropolóxicos.

Temática: “Ao son dun cantar”: coa música como elemento clave, o lema propón captar un instante decisivo arredor desta arte e de todo o que a define ou complementa. O obxectivo será fotografar momentos e escenas que evidencien ou fagan intuír a súa presenza: instrumentos, músicos, bailes, xuntanzas e foliadas, e calquera outra expresión ou manifestación da música e os elementos a ela asociados.

Prazo de recepción das obras: dende o 1 de febreiro ata o 21 de abril de 2025.

Participantes e número de obras: maiores de 18 anos cun número máximo de tres fotografías presentadas por persoa, se ben nunca recaerán dous premios no mesmo participante.

Información: no teléfono 986 244 698 ou no enderezo didactica@museoliste.org 

Bases e mais información aquí: https://museoliste.org/blog/?page_id=404

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Programa de actividades do primeiro trimestre
1 de xaneiro a 20 de maio
Museo Liste Vigo
Erase unha vez alguén que facía...
1 de febreiro a 21 de abril
Museo Liste Vigo