Evento: French Riviera

French Riviera
sábado, 3 maio, 2025 - 21:00
A Pousada da Galiza Imaxinaria,
Boiro

French Riveira é sinónimo dos 80, do retro, da época dourada das películas de acción, as luces de neón e as pistas de baile. Cos seus sintetizadores, saxo, talkbox, voces en galego e castelán, guitarras funk e baterías disco, evocarache ao frescor do pasado, pero co aroma da actualidade. 

Pero quen está detrás de French Riviera? Pois David Fermoselle, saxofonista , teclista, compositor e produtor galego con ampla experiencia tocando en salas e festivais de toda España (FIB Benicassim, Sonorama, Jazzaldia, Low Festival, Arenal Sound,...) como integrante de grupos recoñecidos como a súa banda Belöp ou Villanueva. Algúns medios descríbeno como "O Giorgio Moroder das Rías Baixas".

Tras a publicación de dous singles Venusberg e Dancing, en 2021 publica Weekend In Montecarlo, creando unha perfecta banda sonora para percorrer nun Ferrari convertible (como no videoxogo OUTRUN) a Costa Azul francesa, sintonizando funk e retroelectrónica. 

Elegante, diferente, especial e oitentero... Actualmente atópase preparando o lanzamento do seu próximo álbum, que seguirá a senda do retro, o post disco, o electrofunk e a electrónica, para facerche mover a cadeira en todos os festivais e salas posibles.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

The Lákazans
14 de marzo, 21:30
La Pecera - Vigo - Pontevedra
Blues do País
15 de marzo, 21:30
La Pecera - Vigo - Pontevedra
Ataque Escampe
15 de marzo, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña
Stormy Trucks
15 de marzo, 23:30
Laroom - Ferrol - A Coruña