Evento: Coanhadeira
Coanhadeira
Coanhadeira nace en Ourense no ano 2006 coa intención de amosar as fermosas melodías que nos imos atopando a través da tradición oral da cultura galega.
Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos dos principais escenarios galegos e de Europa, como o Festival de Pardiñas (Galicia), A Carballeira de Zas (Galicia), o Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galicia), Festival da Rebusca (Galicia), Sauga Folk (Colindres, Cantabria), Trobada de Buners (Andorra), o Festival Interceltique de L”Orient (Francia) ou As Nosas Músicas (Couso), entre outros.
7273 son os quilómetros cadrados da provincia de Ourense, provincia da que se nutre este traballo que presentan, así como as súas vidas, tradicións, xeitos e maneiras de facer... a sinxeleza da paz do interior, ese grande esquecido. Dende as chairas limiás ata os cumios do Macizo Central Ourensán... iso é 7273, fermosas historias ou sons ou personas ou pobos ou bailes ou... o que vos pete, porque diso vai 7273, de disfrutar da pedra, da auga, da montaña, do que vos inspire.
Con este 7273 a banda convídanos a coñecer máis o noso interior, pero pouco a pouco, pinguiña a pinguiña.
Compoñentes
Jesús Pérez, Chechu: gaitas e zanfona
Marcos Pérez, Kinhos: batería e percusións
Patricia López: voz e percusións
Vadim Yukhnevich: acordeón
Oscar Freire: saxo sorprano e tenor
Rafa Morales/Efrén Novoa: baixo
Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo



