Evento: Stormy Trucks
Stormy Trucks
Stormy Trucks tocan rocknroll; puro son e diversión. Sen trucos, á vella usanza dos tríos deste estilo, combinando cancións propias con revisións dos clásicos. Nos seus concertos presentan o seu último traballo, Dark Lady (Struck By Lightning, 2024), que inclúe cinco temas orixinais e dúas versións absolutamente persoais de clásicos, e onde aplican un xiro máis á súa forma de concibir o rock and roll con frescura inxectada aos sons clásicos, composicións impecables e todo envolto no potente son que xa se converteu no seu selo.
Con excelentes críticas a nivel estatal en diferentes medios (Ruta 66, Radio 3 RNE, anclan a súa fórmula na tradición pero saben adaptala ao momento actual y aí é onde radica a frescura desta banda.
Desde que se xuntaran en outubro de 2018 en Santiago de Compostela, a banda ten tocado intensamente por boa parte da xeografía galega e estatal con concertos en salas como A Ventana, O Cum, Sala Son, Roi Xordo, Rock Club Ourense, La Pecera, Moon Music Club ou Cocodrilo Negro Café de Ponferrada. Tamén actuaron en festivais como Feito A Man, Os Seráns en Feixoo de Santiago de Compostela, ou no Festival Noroeste Estrella Galicia da Coruña.
Stormy Trucks son:
Valentín Caamaño, guitarra e voz
Juan Durán, baixo
Sergio Sande, batería
Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo



