Evento: Club de lecturas dramatizadas
Club de lecturas dramatizadas
O “club de lecturas dramatizadas” quere achegar toda a potencialidade que gardan os textos literario-dramáticos Un libro de teatro contén non só a obra, é dicir,o texto ou historia ; no su interior tamén agocha un reflexo da sociedade que a rodea. pero aínda máis, o texto é a canle que conecta a obra co escenario para estar realmente completa.
Neste club tamén abordaremos este segundo papel imaxinando posibles escenificacións e aprendendo como se traballan tódolos elementos da posta en escena rematando coa interpretación de distintos fragmentos para completar así todo o que contén un libro de teatro. Como dixera Federico García Lorca : "O teatro é a poesía que se levanta do libro e faise humana"
Data e hora: luns(quincenais) do 30 de marzo ao 9 de xuño de 18.00 h. a 20.00 h.
Público destinatario: adulto e xuvenil a partir de 16 anos.
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do luns 17 de marzo ás 9.00 h.
Máis eventos de tipo Espectáculo