Evento: Garavanciño
Garavanciño
Garavanciño
A cargo de Bea Campos (Migallas Teatro)
“Garavanciño” é unha divertida e coidada proposta teatral para nenas e nenos con monicreques e cancións. Unha peza visual baseada nun dos contos clásicos da literatura infantil.
Divertida proposta teatral para toda a familia a partir do conto tradicional cunha estrutura encadeada e acumulativa. Un conto de sempre que achega a narración oral e os costumes do pobo a grandes e pequenos.
O pequeno Garavanciño préstase para axudar na casa, a súa nai nunca o deixaba saír só pero ese día vai facer uns recados e comeza unha grande aventura para o pequeno da familia!
Para nenos/as de 4 a 12 anos (Público familiar)
Duración: 40 minutos
Horario: 18:00 h.
Salón de actos (ata completar capacidade)
Máis eventos do ciclo Día do libro

11 de abril, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

23 de abril, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

23 de abril, 20:00
Biblioteca Pública de Lugo - Lugo - Lugo

23 de abril
Vigo - Pontevedra