Evento: Twin Peaks: fuego camina conmigo
Twin Peaks: fuego camina conmigo
Non é esaxerado afirmar que Twin Peaks foi o gran acontecemento cultural da TV de inicios dos noventa. Cada semana, millóns de persoas transportábanse a esta vila ficticia do estado de Washington, para comprobar con certa ansiedade como avanzaban as investigacións do axente do FBI Dale Cooper, tentando descubrir quen matou a Laura Palmer. Se a primeira tempada xa apuntaba a posibles razóns sobrenaturais no asasinato desta moza de instituto, a segunda mergullábase sen ambaxes na vertente máis bizarra do universo lynchiano, desenvolvendo un exercicio atmosférico de difusos cimentos narrativos que raras veces se viu en televisión.
Twin Peaks: fuego camina conmigo é a precuela desa serie, que segue a última semana de vida de Palmer. Cunha remontaxe con escenas eliminadas en 2015 e unha terceira tempada en 2017 aínda máis radical que a súa predecesora, a saga Twin Peaks é sen ningunha dúbida a ficción máis influínte de Lynch, cun impacto na cultura popular contemporánea como ningunha outra.
Máis eventos do ciclo David Lynch



