Evento: Encontro con Albertina Carri + ¡Caigan las rosas blancas!
Encontro con Albertina Carri + ¡Caigan las rosas blancas!
Por primeira vez, ampliamos o foco do ciclo ao cine realizado fóra de España coa presenza da cineasta e escritora arxentina Albertina Carri. A súa visita á Filmoteca para presentar ¡Caigan las rosas blancas!, a súa sétima longametraxe estreada no último Festival de Rotterdam, ofrécenos a oportunidade de repasar unha filmografía transgresora que hibrida xéneros e técnicas e transita polos recordos para (re)construír o presente e inventar o futuro.
Encontro coa directora e proxección posterior:
¡Caigan las rosas blancas!
Continuación espiritual de Las hijas del fuego, na que Carri segue explorando a representación da sexualidade feminina. Unha directora de cinema, que no seu momento fixo unha película erótica independente con amigas, é agora contratada para realizar unha produción porno convencional e ecolóxica. Fracasa e pérdese nunha viaxe que a leva a territorio descoñecido. A premisa permite a Carri escapar do especificamente pornográfico e penetrar en aspectos teóricos sobre posta en escena nos que toca outros xéneros máis vastos, amplificando a proposta iniciada polo seu filme inmediatamente anterior.
Máis eventos do ciclo Albertina Carri: territorios mutantes e cartografías queer

