Evento: Día do libro 2025

Día do libro 2025
mércores, 23 abril, 2025 a domingo, 27 abril, 2025
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

Día do libro 2025

A biblioteca do Museo das Peregrinacións convida a festexar o Día do Libro 2025

Desde a biblioteca do Museo das Peregrinacións e de Santiago ofrecen as seguintes actividades on line e presenciais:

  1. BOOKCROSSING: hoxe comeza a celebración liberando libros polas rúas e edificios de Santiago para seren atopados. Nesta xornada de bookcrossing participan arredor de medio centenar de bibliotecas de museos e centros de arte de España. Os libros abandonan os seus estantes para saír á rúa.
  2. COÑECENDO OS FONDOS DA BIBLIOTECA: este ano preséntase, nas redes sociais, unha historia agochada nuns dos facsímiles que custodia a biblioteca, que relata e documenta unha visión do mundo moi particular da nosa historia medieval.
  3. OS LIBROS MÁIS CONSULTADOS NA BIBLIOTECA DO MDPS: nas redes sociais, o ranking dos libros máis consultados na biblioteca este 2024.

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Museo Etnográfico Liste de Vigo_programación de actividades primeiro trimestre de 2025
Programa de actividades do primeiro trimestre
1 de xaneiro a 20 de maio
Museo Liste Vigo
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola