Evento: Concerto da Banda Municipal de Música de Celanova
Concerto da Banda Municipal de Música de Celanova
Concerto da Banda Municipal de Música de Celanova
Concerto da programación do II Festival Hércules Brass Celanova
Trátase dunha das bandas máis antigas de Galicia. Ao longo da súa historia, a banda participou en numerosas actuacións no territorio galego, así como no resto de España, Portugal e Venezuela. A Banda Municipal de Celanova foi galardoada con numerosos premios destacando os acadados en certames musicais tan prestixiosos como os que se celebraban en Ribadavia, Lugo, Ourense e Oviedo, onde acadou premios respectivamente nos anos 1934, 1968, 1971 e 1976, hai que lle engadir brillantes actuacións en moitos lugares de España, así como excelentes intervencións nas diversas televisións do pais. Na actualidade ten gravados 5 traballos.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto