Evento: Xira de Santa Cruz e Día da Gaita
Xira de Santa Cruz e Día da Gaita
O festexo iniciouse en 1965, cando no miradoiro foi erixido o monumento o Gaiteiro Galego e foi institucionalizado o Día da Gaita. Os festexos empezan o sábado co pregón, o domingo pola mañá varios grupos de gaiteiros e tamborileiros percorren as rúas da vila; a media mañá fronte a casa consistorial actúan distintas agrupacións folclóricas e a continuación centos de ribadenses e visitantes concéntranse no monte de Santa Cruz para facer a ofrenda floral o Gaiteiro Galego, xantar e gozar da verbena que pecha a xornada.
A programación é a seguinte:
1 de agosto
19.30h Pasarrúas a cargo de AMIGOS DA GAITA
20.00h Pregón da Xira cargo María del Carmen Maseda Legazpi no Teatro con Actuación das escolas de Amigos da Gaita
23.00h (Parque de San Francisco) Concerto TRÍO VAAMONDE, LAMAS & ROMERO e BMMR.
2 de agosto ROMARÍA DA XIRA
11.00h Pasarrúas Cuarteto tradicional Xaramolos, Os Campantes da Baña, Airiños da Freba e o Arco da Vella.
12.00h Actuación das Escolas de Amigos da Gaita Cantón dos Moreno
Subida o monte de sta Cruz e xantar tradicional.
19.00h Ofrenda floral.
20.00h Concerto Tumba e dalle.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular
