Evento: O gótico mariñeiro de Noia

O gótico mariñeiro de Noia
sábado, 29 agosto, 2015 - 19:30
Varios,
Noia

O gótico mariñeiro de Noia

Visita ás xoias deste estilo que acolle esta fermosa zona histórica, froito do apoxeo medieval

Noia conta cunha fermosa zona histórica froito do apoxeo medieval e das actividades mercantís e pesqueiras da vila. Nela destacan dúas xoias de estilo gótico mariñeiro, a igrexa de Santa María a Nova, que acolle a mellor colección de lápidas gremiais e nobiliarias da Idade Media e Moderna, e a igrexa de San Martiño de Noia, cunha espectacular fachada de grandes figuras escultóricas. A vila histórica conserva, ademais, diferentes casas con brasón, corredores e galerías.

Bo exemplo disto son o pazo Dacosta, o pazo da Rúa do Forno do Rato, a casa da Xouba, a casa do Rosa ou a casa do Senra, xa de estilo barroco. 

En Monumenta,  acompañados pola arqueóloga municipal Ana Filgueira, os asistentes visitarán a igrexa de Santa María a Nova, o museo de laudas
gremiais e o seu cemiterio, para facer voar a imaxinación e evocar tempos pretéritos.

A participación en todas as actividades e concertos é libre e de balde.