Evento: Festival das Brétemas

  • Cartel do Festival
Festival das Brétemas
venres, 25 setembro, 2015 a domingo, 27 setembro, 2015
Varias ubicacións,
Ponteareas

Festival das Brétemas

4ª Edición do Festival adicado ás linguas minorizadas

Festival de balde con zona de acampada en Ponteareas. Este festival adícase á posta en valor das linguas minorizadas (galego, euskera e catalán-valenciano), así hai actividades para potenciar o uso destas linguas e as actuacións musicais propias do festival serán desenvolvidas por formacións que procuran a defensa, e usan habitualmente nos seus traballos a súa lingua de orixe.

As actividades que xorden deste festival van desde cantos de taberna e foliadas de taberna, discusións sobre o ensino das linguas minorizadas, xogos tradicionais, torneo de fútbol gaélico, pasarrúas, sesión vermú e concertos con bandas que actúan en euskera, valenciano e galego.

Nesta edición do festival as bandas que participan son: Zanpantzarrak, Cé Orquestra Pantasma, Egurra ta Kitto, Pellikana, Habelas Hainas, Xenderal, Nao, Som de Gringo.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos