Evento: Festival das Brétemas
Festival das Brétemas
Festival de balde con zona de acampada en Ponteareas. Este festival adícase á posta en valor das linguas minorizadas (galego, euskera e catalán-valenciano), así hai actividades para potenciar o uso destas linguas e as actuacións musicais propias do festival serán desenvolvidas por formacións que procuran a defensa, e usan habitualmente nos seus traballos a súa lingua de orixe.
As actividades que xorden deste festival van desde cantos de taberna e foliadas de taberna, discusións sobre o ensino das linguas minorizadas, xogos tradicionais, torneo de fútbol gaélico, pasarrúas, sesión vermú e concertos con bandas que actúan en euskera, valenciano e galego.
Nesta edición do festival as bandas que participan son: Zanpantzarrak, Cé Orquestra Pantasma, Egurra ta Kitto, Pellikana, Habelas Hainas, Xenderal, Nao, Som de Gringo.
Máis eventos de tipo Festival