Evento: Concerto de Virandeira
Concerto de Virandeira
Banda de folk fusión que aposta pola mestura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que fuxe do contemporizador na procura do ecléctico, filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias musicais dos seus propios compoñentes: folk, rock, jazz, clásico,... Virandeira Folk prosegue adiante na súa andadura polo panorama musical galego coa presentación dun novo disco, Metamorfose, unha proposta musical viva, fresca, moderna e singular.
A banda viguesa acadou unha gran recepción por parte da crítica en 2012 có seu debut discográfico, Sons do Atlántico. Con Metamorfose o grupo evoluciona cara a un espectáculo máis xenuino e vital, sen esquecer a expresividade e sensibilidade dos temas cos que a banda se deu a coñecer.
A banda está formada por Chema Alonso (gaita), David Oitabén (frautas), André Taboada (violín), Roberto González (guitarras), David Casal (baixo) e Alex García (batería).
Máis eventos de tipo Concerto