Evento: Quen matou o bibliotecario?

Quen matou o bibliotecario?
venres, 23 outubro, 2015 - 18:30
Biblioteca Pública Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Quen matou o bibliotecario?

Actividade de formación de usuarios, cunha recreación teatral dun bibliotecario asasinado

A cargo de Daniel Mora e Ana Brandariz, estudantes en prácticas de Animación Turística do IES Rosalía de Castro. Actividade de Formación de Usuarios na que as nenas e nenos coñecerán os traballos desenvolvidos na biblioteca, mediante a recreación da xornada dun compañeiro, o bibliotecario asasinado.

Esta actividade encádrase nas de celebración do Día da Biblioteca - 24 de outubro.

Para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Máximo 10 participantes.

Máis eventos do ciclo Día da Biblioteca

Bibliotecas imaxinadas: as bibliotecas na literatura e no cine
15 de outubro a 9 de novembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel - Vigo - Pontevedra